luns, 19 de xuño de 2023

Recomendacións de ectura e xogos de mesa para este verán 2023

 

Boas de novo a todos e todas as lectoras!


Dende a biblioteca do cole, queremos facervos algunhas recomendacións de posibles lecturas para este verán 2023. Ademais de para descansar, xogar e desfrutar o verán é unha época xenial para ler! Esperamos que vos gusten e que desfrutedes moito destas merecidas vacacións.

Velaquí as tendes:


                                         

                                         

                                         






















































mércores, 21 de decembro de 2022

Recomendacións de lectura para este Nadal

 Boas a todos e todas as lectoras!


Dende a biblioteca do cole, queremos facervos algunhas recomendacións de posibles lecturas para este Nadal 2023. Se cadra hai alguén que todavía ten algunha carta por rematar e quere pedir algún agasallo a Papá Noel, os Reis ou al Apalpador...


Velaquí as tendes:


                               












Agardamos que vos gusten se vos decidides a pedir algunha destas obras. 

Lembrade que un libro, sempre é o mellor agasallo! 


Que teñades boas festas e feliz aninovo :)



xoves, 23 de xuño de 2022

BIBLIO COMECONTOS RECOMENDA....

XA CO CURSO REMATADO DEIXÁMOSVOS POR AQUÍ AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE VERÁN

DÁMOSLLE AS GRACIAS A NOEL POLA SÚA COLABORACIÓN

ESPERAMOS QUE AS DESFRUTEDES E FELIZ VERÁN!!


AQUÍ TEDES TAMÉN RECOMENDACIÓNS PARA 
AS FAMILIAS
 


xoves, 16 de xuño de 2022


Aquí vos deixamos o enlace para escoitar os
podcast dos finalistas e gañadores do
I Concurso de Microrelatos.
Esperamos que vos gusten!

domingo, 29 de maio de 2022

AVALIAMOS COMO FUNCIONA A BIBLIO (2021-2022)

CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO

Un ano mais queremos saber cal é a vosa opinión sobre a nosa biblio: que vos parecen as actividades, o seu funcionamento, os servizos que ofrece, etc. e por suposto, cales son as vosas ideas para mellorala.

Para facelo, deberedes cubrir o seguinte cuestionario facendo clic aquí

Moitas gracias!

luns, 23 de maio de 2022

I CONCURSO DE MICRORELATOS

 Hoxe os gañadores do I CONCURSO DE MICRORELATOS desfrutaron do seu premio na Radio de Melide onde puideron compartir coa audiencia os seus relatos! 

Encantoulles a experiencia!

En breve poderedes desfrutar de todos os relatos premiados na paxina web do cole.

Esperamos que os desfrutedes! 



xoves, 25 de novembro de 2021

25 N
Día Internacional Da Eliminación Da Violencia Contra a Muller

O alumnado de 3º de primaria preparou este vídeo para conmemorar este día.
Deixámosvos o enlace para que poidades velo.