martes, 29 de novembro de 2016

XOGOS NO MAGOSTO

magosto">OS NOSOS XOGOS DO MAGOSTO

O DÍA DO MAGOSTO TÓDOLOS ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPARON NUNS XOGOS MOI CONCURRIDOS E DIVERTIDOS. BUSCÁDEVOS!!!!

luns, 28 de novembro de 2016

SUSPENSE NO SAMAÍN

Seguimos a traballar con Agustín Fernández Paz. Escollendo o seu libro "Cartas de inverno" os alumnos de 5º e 6º elaboran unha narración a partir da derradeira carta escrita por Adrián ao seu amigo onde lle indica que ao seguinte día baixará á cripta.
Os alumnos crean as súas historias describindo o que acontece nesa baixada a cripta.


Exemplos das creacións tanto escritas como ilustradas son:


ALUMNOS DE 5º
Escollendo anacos significativos dos seus traballos componse a historia:


A MISTERIOSA BAIXADA Á CRIPTA CEMITERIO

Camiñei ata a cripta. Metín a chave na porta con coidado atafegado pola chea de morcegos pintados que enchían a porta e co meu revólver na man e unha lanterna empecei a descender. Parecía un labirinto. Ao fondo había unha gran sa. Abrín a porta e apareceron outras escaleiras.
Cando estaba baixando polos fríos pasos, tremábame todo o corpo, mirando para arriba e mirando para os lados, vía moitos esqueletos sen brazos e sen pernas e sentín medo, moito medo.
Tropecei e caín. Non sabía onde estaba!. Collín tal pavor que escondín a cabeza no meu chapeu. Escoitei un ruído que parecía que viña do máis aló. Quería berrar pero non podía. Comezáronme a caer as bagoas. Unha morea de bagoas corrían polas miñas meixelas. Pechei os ollos. Cheguei a un mundo todo escuro, pensando que ía morrer. Neses momentos miles de calafríos percorrían o meu corpo.
Despois escoitei algo estraño comendo algo, rompendo ósos... Asustado permanecín atento. O corazón latexábame a mil por hora. Sentía que me saía do peito.
Ao final da sa, chea de horripilantes seres mortos, había unha porta moi grande. Detrás daquela porta estaba unha cociña onde outros moitos esqueletos penduraban colgados representando o maior inferno das calamidades. De repente oín un berro...
Era un home que estaba de costas, vestía todo de negro cunha bata moi antiga e o seu pelo era branco e largo. De súpeto xirouse e olloume cunha mirada terrorífica...levaba un gran colar de ouro e uns zapatos brancos brillantes. Era moi feo. Sentín moito noxo e puxéronseme os pelos de punta.
Acércase a min e abre a boca...sae un lirio enorme, de cor negra, cabeza grande, orellas aguzadas e rabo longo e groso. Co temor ao que puidese pasar collín o revólver e disparei. Disparei e disparei.
De súpeto acendéronse as luces e vin o monstro, coa boca ensanguentada, caído no negro chan. Despois o teu corpo fermoso de once anos. Estabas atada a unha cadeira cunha luz que che enfocaba. Algo terrible pasou. Aquela bala esnaquizou a miña vida. Mateite a ti. Como ía eu a imaxinar que te atopabas detrás dese ser fantasmal!...
E eu corrín ata a saída...


Outros textos escritos polos alumnos de 6º:


A CRIPTA
Ola, chámome Adrián teño 12 anos. Son alto e forte, non teño medo a nada e gústame vestir de camiseta de marca e pantalón vaqueiro de pescador .
Vamos facer unha baixada a unha cripta.
Cando estaba baixando a cripta estaba todo escuro, e había ósos en todas partes.
Ao final do túnel, escoitábanse uns ruídos raros como dunha motoserra e tamén un home berrando.
Sentíame con medo pero non tanto, os meus compañeiros viñan de tras miña e ``BUM´´.
Aparecéusenos un home morto no medio do camiño! .
De súpeto “zas”! Aparecéusenos un home cunha motoserra encendida nas mans!
Iker máis eu derribámolo e ao final da loita, collín a motoserra e corteille a cabeza para que non berrase máis.
Cando estabamos marchando da cripta pola escaleira fría daba moito medo porque había polas paredes e marcas de unllas das persoas que levaban alí para matalas. Alí almacenaban os cadáveres das persoas que morrían alí.
Pero ao final saímos sans e salvos.


Roi 6ºB


  A BAIXADA A CRIPTA

Ola son Adrián e son un pouco regordete, louro e de ollos azuis.
Eu e os meus amigos chamados Brais e Borja imos facer un descenso a unha cripta.
A medida que íamos baixando, as escaleiras ían renxendo. Nese momento non ía abandonar aos meus amigos, seguín camiñando. De súpeto atopei sangue polas paredes e teas de araña. Por fin abaixo, hai un bebé coa cara ensanguentada e chorando. De súpeto , calou: AAAH, MEU DEUS!!!, berrou unha muller. De alí a un intre vin unha cabeza ensanguentada; seguimos camiñando e apareceu o corpo dunha muller. Abriuse un cadaleito e marchamos correndo. Un morto estábanos seguindo. Era alto, con só osos e cunha motoserra nas mans. A porta non se abría. Nós, todos desesperados... 
De repente vimos un morto.
-Vides cortar leña?
Nós, sen pensalo, dixémoslle que si , e alá marchamos para o monte..sen saber o que nos pasaría .

Raúl 6ºB





 A cripta misteriosa

Cando entrei na cripta oín un ruído arrepiante coma o  renxer dunhas cadeas. Tratei de tranquilizarme pero era imposible,a medida que ía baixando por aquelas escaleiras vellas e cheas de po, ía vendo: rabuñaduras, sangue e pequenos anacos de algo estraño mentres que oía “Adrián!! Adrián!!”.
O meu corpo quedou paralizado co medo que sentía.
Os ruídos cesaron. Había algo ou alguén acompañándome. 
Vin unha porta e resgardeime tras dela, cando pensei que pasara o perigo tentei abrir a porta. Despois de tentalo varias veces decateime de que non se abría.
Quedei quieta coma un animal acurralado e no medio da negrura e vin unha sombra que se achegaba coidadosamente por detrás de min. Quería berrar pero non quería que aquela criatura estraña descubrira a miña posición. A criatura era alta, cando se virou puiden distinguir oito patas arrepiantes e un par de as.
Non sabía que era, só sabía que quería facerme dano ou outra cousa peor. Case non me atrevía nin a respirar. Sen decatarme fixen un ruído e deseguida soubo cal era o meu agocho. De seguida o “animal” rompeu a porta e veu na miña busca cando me acadou o ser estraño lanzouse sobre min.
Eu esperaba o meu fin canso...Aaaah!!!

Tania 6ºB  


      A BAIXADA Á CRIPTA DE ADRIÁN
Era o día de defuntos. A igrexa estaba escura, tronaba...Vín unha porta, abrina e baixei polas escaleiras amodo, sentíame mal. Os chanzos ían rompendo a cada paso! Tiña calafríos. A estancia era escura , o corredor longo parecía adornado de Samaín, con sangue, cabeiras, cadaleitos... E para alumear só había fachos. Apresureime a coller un polo medo ós sons tenebrosos e fortes que escoitaba. 
Cada vez que avanzaba, os sons facíanse máis fortes, non sabía o que era, e ao mesmo tempo tiña ganas de saber quen era, pero seguía tendo medo. Aínda así púidome máis a curiosidade e de súpeto apagouse a luz!
Cando se volveu prender, notei algo detrás e vín ás miñas costas un coitelo! Alguén quería matarme. Sen que ese “alguén” se dera conta, deime a volta e collinlle o coitelo, Acabei con el e logo, vin unha luz branca que se facía cada vez máis intensa e forte. Era un tesouro. 
Cando levantei a mirada,  estaba ese “alguén”, a persoa forzuda, que quixera e quería matarme. Era un ser gordo que tiña moitos músculos e tamén unha cicatriz nun beizo.
Loitei e loitei e seguín loitando. En verdade non me deixaba respirar. Por fin acabei de matalo. Collín apresuradamente o tesouro e corrín polos chanzos que aínda quedaban e funme.
Foi así cando pensei: - Xa non vou a necesitar saír da casa no Samaín!

Lydia Valiño 6ºB

O MISTERIO DA CRIPTA
Son Adrián son alto, rubio e delgado e esta é a miña historia.
Fai un mes descubrín unha cripta . Estaba no castelo de Melide. As escaleiras da cripta estaban esvaradizas . Baixei e non había nada.
Pasado un tempo volvín á cripta e vín o meu amigo Arturo . Arturo estaba collendo unha espada que encotrou na cripta . Era a lexendaria Excalibur . O que non sabía e que detrás del estaba Hoopa, o novo demo. Hoopa era grande e coas mans cortadas. Este deulle unha coitelada e Arturo morreu.
Recuperei a Excalibur e ataquei, Hoopa esquivou o meu ataque e feriume. Cando todo estaba perdido un fenix acudiu a axudarme, deume unha Blaze 2001 , a lexendaria espada do lume e mestureina con Excalibur converténdose na hiperlexendaria Nero. Con ela vencín a Hoopa.

Por esta vez o mundo salvouse...

Alejandro 6ºB