venres, 23 de febreiro de 2018

ROSALÍA CANTA Á NATUREZA


Dende o CEIP abrimos fiestras como nos propoñen desde a AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.
Fiestras á natureza reflectida nas verbas de Rosalía, fiestras aos sentimentos sobre a "terra" da poetisa e aos nosos mesmos...


Os alumnos e alumnas escriben os seus poemas en fiestras abertas para que se espallen polo aire e cheguen as persoas.

Nos intres da hora de ler, abrimos as portas das aulas desde infantil a 6º de primaria para que pais e nais nos acompañen e reciten os poemas da autora.
Escoitanse as cantigas dos poemas de Rosalía en pop, en rap e en rock musicados por diferentes músicos e grupos musicais.
Os pequeniños son Rosalía nun precioso photocall elaborado por eles e a mestra Noela.

En difinitiva, disfrutamos coas verbas dos poemas da nosa excelente poetisa.
Agradecemos aos papás e mamás as súas voces e compaña.
E quen puidera ter cada día o agasallo dun bo libro como os da poetisa!











xoves, 22 de febreiro de 2018

ENTROIDO NA FROITAEIRA

Este ano celebramos o Entroido vestidos de froitas, hortalizas, legumes e verduras. Realizouse unha escolla de cancións relacionadas coas mesmas.
Vamos a vernos!!! Máis información en froitamelide1.blogspot.com


















Amosamos un baile;

venres, 9 de febreiro de 2018

MÚSICA DO CONSERVATORIO

O venres 26 participou o alumnado de primaria  na audición que nos ofreceron os mestres e alumnos maiores do conservatorio.
Unha mostra fermosa do bo facer mediante dos contos musicados adaptados, "Hamelli" e "Carapuchiña" e dúas cancións.
Os nenos divertíronse, participaron e de seguro que moitos saíron coa idea de facerse músicos!
Aquí van unhas fotos: