mércores, 21 de marzo de 2018

O XORNAL TOLO NO CEIP

Ao longo da semana do 12 ao 16 de marzo celebramos con diferentes actividades a Semana da Prensa.
Ven sendo xa tradición elaborar o "Xornal Tolo". Cada aula encárgase da realización dunha sección do diario: portada, noticias locais, nacionais, internacionais, deportes, pasatempos...
Fanse as noticias para que chamen a atención e fagan rir, absurdas, cómicas, extrabagantes...incentivando a creatividade e a imaxinación. Aquí amosamos os resultados:






 









Os "periodistas" de infantil tamén traballaron moito nas súas seccións:






Sección de libros:


Ata en inglés:
E chistes:





CON LEDICIA COSTAS

Que oportunidade tan fermosa nos ofreceu a Biblioteca Municipal do Concello  o venres 9 de marzo, ao poder contar coa presenza da escritora Ledicia Costas en Melide, poder escoitar as súas verbas e poder levar unha dedicatoria e un autógrafo da mesma!!! Participou o alumnado de 5º e 6º curso. Os nenos tiñan lido e están a ler as obras da autora co que a participación nesta actividade é un elemento moi motivador para o desenvolvemento do hábito lector. Os pequenos de 5º caracterizáronse das personaxes dos libros de Ledicia e ata a agasallaron cunha enorme tarta. Que espectáculo!!!